Viveiro 12-6-18. En nome do Concello de Viveiro quero felicitar publicamente ao Club Ximnasia Viveiro e, en concreto, ás cinco ximnastas que forman o grupo cadete e que, o pasado fin de semana, obtiveron a medalla de ouro no Campionato Galego de Promoción, que se disputou o pasado sábado en Ourense; tras este premio, o Club Ximnasia Viveiro terá a oportunidade de participar no Campionato de España que se celebrará no mes de novembro de Murcia, no que lle desexamos o maior dos éxitos. Para todos nós é unha honra o excelente resultado que o Club Ximnasia Viveiro obtivo neste campionato, pois ademais deste primeiro premio, tamén cómpre felicitar ao conxunto alevín polo seu sexto posto e ao sétimo posto obtido polo conxunto xuvenil e en individual. A todas, a nosa máis sinceira noraboa!
A alcaldesa
María Loureiro García