Viveiro 27-6-18. O Concello de Viveiro celebrou no día de hoxe a Mesa de Contratación para licitación das obras incluídas no proxecto denominado:
“Reposición de firme en camiños de titularidade municipal do Concello de Viveiro-Lugo (2018-2019), cun orzamento de contrata de 80.096,41€ e cun prazo de execución de 1 mes.
O obxecto deste proxecto consiste no asfaltado de varios viais rurais de titularidade municipal existentes nas parroquias de Santa María de Magazos e Santa María de Galdo, denominados:
Pista do Coto 1
Pista do Coto 2
Camiño de Castelo
Camiño Real Villamarcol
Ramal Camiño Real Villamarcol (Camiño da Cruz)
Camiño de San Roque
As obras que se pretenden acometer coa execución do presente proxecto consisten en:
Mellora: mediante o reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan.
Mantemento: Tanto do firme existente mediante o bacheo de determinadas zonas como de mantemento das marxes dos camiños mediante a limpeza de cunetas.
Das catro empresas presentadas a este procedemento aberto resultou proposta como adxudicataria a empresa Carferlo, S.L. por un prezo ofertado de 52.030,00€.