O rexedor anunciou que “hoxe rematan unhas obras de acondicionamento con aglomerado en quente na parroquia de Vilaronte, concretamente na estrada que vai a Baesta por As Areosas dende a Nacional 642. Está vía estaba en moi mal estado, polo que había varios requirimentos dos veciños e tratamos de metela dentro dun plan de subvencións de AGADER, que saca a Consellería de Medio Rural, da Xunta de Galicia. Está financiada con fondos de Agader, concretamente con 58.242,14 euros”.
O alcalde de Foz salienta que “é unha obra importante porque é un dos principais accesos á zona interior da parroquia de Vilaronte. É importante para moitos barrios de Vilaronte e especialmente tamén para a retirada de madeira, pois hai bastante extracción na zona de Cornería e incluso na que está pegada ao río Masma”.
Javier Castiñeira engade que “é unha obra interesante, é case quilómetro e medio de vía que estaba en moi mal estado e sobre todo para os moitos residentes que viven nesa zona é unha moi boa nova”.
O rexedor quere “agradecer a confianza novamente da Consellería de Medio Rural, da Xunta de Galicia, con este financiamento dentro das melloras de camiños rurais”.