Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo ven de anunciar melloras nas instalacións de Rio Cobo, forzado por denuncias de CxG

Cervo 12-6-18. “Nunha nova mostra de falla de rigor político, e soamentes con gañas de foto, Villares anuncia melloras en Rio Cobo e tamén, como non, que vai abrir as pías, como cada ano” sinala Moñita Secretario Xeral de CxG Cervo. Este anuncio ven forzado por dúas denuncias que Compromiso presentou en xaneiro na Xunta de Galicia, diante de sanidade e consumo, contra da xestión do goberno de Cervo en Rio Cobo.
“A desfachatez do Señor Villares non ten limite, non soamente non cumpre o firmado no seu dia polo Concello sinon que, despois de recibir dúas denuncias de CxG, ainda o vende como una gran xestión sua” aclarou o portavoz galeguista de Cervo.
As denuncias documentas con fotos e enlaces poñen de manifesto a falta de xestión do Alcalde e a súa irresponsabilidade, anunciando en plataformas as instalación cando non estan aptas para o uso público e non cumpren normativas varias, e ideando un sistema de cobro na pía municipal de Lieiro, cando menos irregular. Dende CxG tamén denunciamos que se estaba a cobrar cotas a socios sen poder disfrutar dun servizo, situación cando menos alegal.
Moñita manifestou “polo menos as denuncias de CxG valeron para que o Alcalde esperte do seu longo sono de pedra, e se preocupe por unhas instalacións únicas na contorna. Estaremos vixiantes ó cumprimento do prometido e non desbotamos ir a xulgado se fose preciso”
Ao final o señor Villares acabará vendendo tamén os graves fallos da costrucción da Perrera Municipal como un novo concepto vangardista de construcción chamado Villarismo.
En próximas datas Compromiso falará cos veciños afectados e demostrará con probas a hipocresía e falla de palabra do Señor Alcalde.

Exit mobile version