Ribadeo, 27 de xuño de 2018. O Concello clausura o programa Aquí?… Coma de 20! con varias actividades que se celebrarán o vindeiro domingo, 1 de xullo.
Os actos, que terán lugar no Cine Teatro de Ribadeo, darán comezo ás 17:00 horas. En primeiro lugar actuará o grupo de teatro Cioyo de Castropol, que presentará a obra Consultas Médicas. A entrada será libre e gratuíta.
Ás 18:00 horas celebrarase a clausura oficial do programa Aquí?… Coma de 20!. Posteriormente as persoas que participaron nesa actividade degustarán uns pinchos no Hotel Voar.
Dende a área de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo e do CIM convidan aos participantes no programa Aquí?… Coma de 20!, así como na actividade Envellecemento Activo/movemento (Tai Chi), a asistir este vindeiro domingo aos actos de clausura desta programación.