Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello abre o prazo de solicitude de axudas para material escolar para alumnos de infantil do CEIP de Cervo

Cervo, 12 de xuño de 2018.- O Concello de Cervo abre o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de material escolar para as familias do alumnado de infantil (2º ciclo) do CEIP de Cervo. A convocatoria permanecerá aberta ata o 6 de xullo.

O rexedor, Alfonso Villares, apuntou que “dispuxemos dunha partida orzamentaria de 4000 euros para estas axudas e cada alumno/a recibirá un máximo de 130 euros, en función da renda familiar”.

Villares sinalou que o fin desta liña de axudas, que vén sumarse a outras que temos dispostas como son as do transporte, axudas aos centros educativos ou ás ANPAS, “é o de apoiar ás familias e priorizar e potenciar unha área fundamental para nós como é a educación”.

Os modelos de xestión de material escolar adoptados polos dous centros de infantil e primaria da localidade, o CEIP Cervo Nº1 e o CEIP de Cervo, son diferentes, o que fai que cada convocatoria teña tempos dispares; unha a comezos de curso, e outra, a de Cervo, agora ao remate.

Cada impreso de solicitude deberá ir acompañado das fotocopias do DNI dos membros da unidade familiar, unha fotocopia do libro de familia, certificado do nivel de renda e factura da compra ou orzamento do material adquirido nun establecemento comercial do municipio. A documentación ten que presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

Aquelas persoas que desexen máis información ao respecto poden achegarse ás oficinas municipais.

Exit mobile version