Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova campaña medioambiental do Concello de Xove

Xove, 27 de xuño de 2018. Dende xa hai anos o Concello de Xove promociona a recollida selectiva de residuos. Nese eido chega a campaña “ Separar con xeito para recilcar a feito!, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración de Sogama e o SIG Ecoembes e o Concello.
Estase a desenvolver na Praza do Centro Cívico, de 10:00 a 13:00 h, consiste nunha carpa informativa onde monitores ambientais informan aos presentes sobre os beneficios da recollida selectiva e o reciclaxe de residuos, tratando de sensibilizalos para levar a cabo esta práctica.
Escolleuse este mércores para chegar a un maior número de persoas ao coincidir co mercado semanal.
Dende o Concello, e dado que se considera moi importante a preservación do medioambiente e a reciclaxe como un bo medio para esa preservación, convídase a todos os veciños e visitantes a participar nesta campaña e a realizar cada vez unha mellor reciclaxe.

Exit mobile version