Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés+Colexios O Vicedo e Mañón=Proxecto Ríos

O Vicedo 14-6-18. O venres 15 de xuño e conmemorando o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), Nordés organiza a xa tradicional xuntanza entre as nenas e os nenos do CEIP Francisco López Estrada (Concello de Mañón) e CEIP O Vicedo (Concello do Vicedo).
Achegarémonos á área recreativa de Ponte Segade para ter unha xornada de convivencia, de concienciación e de aprendizaxe activo, vertebrada a través do Proxecto Ríos de primavera.
Que faremos? A xornada estará dividida en diferentes estacións a cargo de voluntarios e especialistas:
– A análise das augas do río Sor para testear o estado da súa saúde, un dos requisitos do “Proxecto Ríos”.
– Un roteiro pola ribeira do río seguindo un tramo da ruta de sendeirismo homologada que percorre a beira do Sor. Búscase achegar a riqueza de flora e da fauna. Á vez, utilízase este paseo para completar o análise do Proxecto Ríos, xa que é imprescindíbel analizar o contorno do río.
– Xogos populares relacionados coa natureza: nun intento por aumentar o contacto das nenas e dos nenos co mundo que os rodea, sen necesidade de utilizar máis que o que o entorno lles proporciona.
As nenas e os nenos de Educación Infantil atoparánse durante esas horas nunha estación pensada para o seu goce, atendidos tamén por especialistas, onde o respeto cara o medio ambiente agromará dunha sesión de contacontos que precede a traballos manuais e xogos

Exit mobile version