Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do PP de Viveiro para a modificación da ordenanza fiscal 21 reguladora do imposto de vehículos de tracción mecánica

Viveiro, a 29 de xuño de 2018. O voceiro do Partido Popular de Viveiro, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo municipal do PP, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte

Moción do PP de Viveiro para a modificación da ordenanza fiscal 21 reguladora do imposto de vehículos de tracción mecánica

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O coidado do medio ambiente é unha realidade que ninguén discute e que todos consideramos moi necesaria, polo que a aposta do noso Concello ten que ser firme e decidida, potenciando todas aquelas medidas que vaian encamiñadas nesta dirección.

Neste sentido o poder dispor na actualidade de vehículos pouco contaminantes, como son os hibridos, os eléctricos ou mesmo os de gas e polo que dende o noso grupo estimamos oportuno apoiar fiscalmente a compra destes vehículos que sin dúbida contribuen a ter un concello máis sustentable e menos contaminado.

Revisando a ordenanza fiscal 21 que regula o IVTM, non encontramos unha soa referencia a este tipo de vehículos, polo que pensamos que é necesario introducir algún tipo de bonificación na mesma para incentivar que os nosos veciños se animen a mercar este tipo de vehículos máis respetuosos con noso entorno, tanto dende o punto de vista medioambiental, como incluso da contaminación acústica.

O longo de toda Galicia temos exemplos de Concellos que establecen esta bonificación para este tipo de vehículos, que nalgúns casos van dende o 50% ata o 75% de forma indefinida ou durante un período de tempo. Así na nosa provincia podemos comprobar como Lugo establece bonificacións do 50% durante cinco anos ou Monforte que establece o 50% para calquera vehículo a motor, que non consuma combustibles fósiles.

Por estes motivos e polo que propoñemos ó Pleno da Corporación a aprobación do seguinte acordo:

ACORDO

1) A modificación da ordenanza 21 reguladora do IVTM, para introducir a maior bonificación posible e de xeito indefinido, ós coches hibridos, electricos ou de gas pola súa baixa contaminación ambiental e acústica.

Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do Grupo Municipal do PP

Exit mobile version