Mondoñedo 28-6-18. O campión autonómico de pesca 2017, Miguel Ángel Fernández González, representa este ano á cidade de Mondoñedo no campionato de España de Salmónidos Lance Categoría Absoluta, que se celebra dende hoxe, 28 de xuño ata o domingo, día un de xullo, na comunidade autónoma de La Rioja, concretamente nos cotos de las Viniegras, Urbión e Neila.
O edil de Deportes do Concello de Mondoñedo, Manuel Tapia Rivera, que xunto a Miguel Ángel Fernández, deu a coñecer onte esta representación no Campionato de España de Salmónidos, deséxalle a maior das sortes durante o campionato.
Do mesmo xeito, aproveitaron para informar de que o sábado 15 de setembro, dará comezo un curso de iniciación á pesca, impartido por Miguel Ángel Fernández González, dirixido aos máis pequenos, e que se desenvolverá no río Masma. As prazas para participar neste curso son limitadas.