Site icon Crónica3.com A Mariña

Mellora da Comunicación en Viveiro

Viveiro 13-6-18. Poñemos en coñecemento que sería bo para Viveiro crear un canle de comunicación dixital, tamén un departamento de prensa que axudara a xestionar a publicidade e a imaxe de Viveiro dun modo profesional, independente e sen propaganda partidista, dilvulgar o noso sen intereses persoais traería froitos.

A idea é crear entre outros, unha especie nova TCN ( Televisión Costa Norte), atendendo ós novos tempos, unha arma audiovisual, algo que foi vangarda, unha proba máis do atraso con respecto a ou
tras épocas. Hoxe é máis barato e máis doado que hai uns anos, con colaboracións altruistas, é de agradecer o traballo de anónimos que fan máis que o propio goberno municipal. Subir videos vía plataforma Youtube, Vimeo, Flickr, e divulgalo en redes sociais, dar a coñecer o patrimonio que se ten abandoado, a nosa historia, os lugares de interés, noticias, debates políticos, ideas de futuro, entrevistas a artistas, comerciantes, literatos, empresarios, testimonios de vecinos, subir campañas comerciais, apoios de persoeiros coñecidos que veñen a visitarnos.

Debemos actualizarnos, vemos que hai publicidade local, das bondades do gobierno municipal a modo prensa rosa, pero nada novo e innovador, a foto polo foto, seguimos igual, con propaganda electoral que non da réditos económicos, turísticos, mellora do pobo, potenzación da cultura. Abrirnos ó mar do mundo internet, posicionaríanos ante a demanda de consumidores para Smartphone, Tablet ou PC. Dar un paso neste campo suporía ir avanzados respecto a outros sitios. Axudaría a medrar, a ser imán de visitantes, inversores ou valorar o propio.

A libertade de prensa é un dereito democrático, verxel de pensamento e educación, que fortalece ós pobos, facéndoos máis libres e abertos. Históricamente Viveiro é unha incubadora de medios de comunicación, o que fala da súa posición de liderazgo intelectual. Na actualidade moitos deles teñen un papel que engrandeze e moito, a cohesión da vila, a sua vida, a sua estabilidade, o seu movemento, o seu sentido de ser, como comunidade social, é tamén loable a incansable labor de todos eles por facernos ser mellores e mantenernos informados, vivos e con visión crítica, non hai que esquecerse de mimalos e velos como imprescincibles para un Viveiro con Futuro e Rico, son un pilar fundamental que xoga un papel do que ainda non somos plenamente conscientes.

Antonio Lage-Seara
Presidente NNXX Viveiro

Exit mobile version