Site icon Crónica3.com A Mariña

Judith non continuará no Pescados Rubén

Burela 14-6-18. A ala-peche Judith Pedreira Arias non continuará defendendo as cores do Pescados Rubén Burela FS. Os camiños da novísima xogadora, de tan só 19 anos, e do club laranxa sepáranse despois de tres excelentes tempadas nas que Judith experimentou unha grande evolución na súa formación da man do equipo mariñán en Primeira RFEF.
A Familia Laranxa deséxalle sorte na súa nova andaina deportiva para seguir pelexando polo máis alto.

Exit mobile version