“Estamos moi satisfeitos co regreso de Iago. É un xogador con rapidez e gol. Medrou con nós, en Segunda e Primeira División, sempre encaixou na nosa filosofía e seguirá dándonos moitas alegrías nesta nova etapa” aseguraba o presidente, Manuel Blanco.
Despois de sete tempadas na súa casa, gozando dos mellores momentos do equipo na elite, e tras o paso por Santa Coloma, Iago Míguez reencontrarase non só co Mariskal, co que compartiu pistas, senón tamén con Matamoros, Hélder e Renato; integrarase no equipo tamén xunto a Pope e Luisma, ademais das outras novidades: Lucho, Vargas, Juanfran e Porto.