Site icon Crónica3.com A Mariña

Excursión ao Acuapark de Cerceda da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña

Burela 28-6-18. Este xoves, dende a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, viaxaron un grupo de 50 persoas entre usuarios dos distintos dispositivos (C.R.P.L de Burela, C.R.P.L de Ribadeo e Unidade Residencial de Cervo) e monitores ao Aquapark de Cerceda (Coruña).
Esta actividade forma parte do Programa de ocio e tempo de lecer da entidade e con ela preténdese conseguir que os nosos usuarios desfruten do seu tempo de lecer e podan acceder de actividades diferentes, coas que non se conta na comarca. Ademáis esta actividade permite que se traballen as relacións sociais, o compañeirismo e o sentimento de grupo.
Durante o día os usuarios están a desfrutar da piscina de ondas, os tobogáns, o géyser permante, o jacuzzi… entre outras instalacións das que dispón o Acuapark de Cerceda.

Exit mobile version