Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado ás doce do mediodía, na Praza do Concello de Mondoñedo, haberá unha concentración de apoio @s traballadr@s, e á Plataforma de Afectados, pola Empresa PIVERI S.L.

Mondoñedo 27-6-18. Os empregados levan meses sin cobrar e hai un despido improcedente dos que onte non se chegou á avinza na conciliación, en Lugo, previa á demanda, por non persoarse debidamente documentada a Empresa, según o requerimento do Xulgado.

Por outra banda, a Empresa sigue traballando, sin facer caso ás ordes de paralización de actividade extractiva da Xunta de Galicia, chegando incluso a romper os precintos que puxo a Policía Autonómica.

Por parte de En Marea, acudirán á concentración, aparte das inscritas: Miguel Anxo Fernán Vello (Deputado nas Cortes Españolas), Luís Villares (Voceiro no Parlamento de Galicia) e Antón Sánchez( Vicevoceiro no Parlamento de Galicia).

Exit mobile version