E resulta tamén curioso, ainda que a nós non nos estrana, que os dous “grandes” sindicatos españois non parecen tampouco ter moita ansia.
Pois se siguen nesa liña, vannos ter enfrente e protestando, porque os pensionistas non comulgamos con rodas de muiño, e como vos deciamos a semana pasada, non nos van a convencer con palabras bonitas.
Ainda así, apelamos á sensibilidade do novo goberno e ás súas promesas de diálogo para que atenda as nosas reivindicacións, as reivindicacións dos pensionistas galegos que somos sempre @s peor tratad@s.
E dentro desa sensibilidade que lle supoñemos ao novo goberno, a ver se é verdade logo que tenen o propósito de establecer un mecanismo anual de revalorizacion das pensións que teña como cometido básico garantizar o poder adquisitivo dos pensionistas, tendo en conta como liña xeral a evolución do IPC. Estaremos atentas, e sen despistarnos, porque ese é só un dos puntos da nosa táboa reivindicativa, que vos recordamos aquí outra vez:
– derrogación das reformas laborais
– aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
– pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
– recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos
– establecer a actualización anual das pensións en base ao IPC
– blindaxe do sistema público de pensións
– pensións dignas e con poder adquisitivo
O tema das pensións non é un tema coxuntural, é un tema estructural, o problema está no propio sistema e na propia lexislacion laboral que nós decimos que hai que modificar. O problema non se soluciona só nos Orzamentos do Estado, pois aí pouco ou nada gañámos, pois sempre nos usan como moneda de cambio, como se víu na negociación que fixo o anterior goberno, e este novo goberno pode caer no mesmo erro, se os Orzamentos do Estado son devoltos polo Senado ao Congreso e tenen que debatelos e negocialos outra vez.
E que non nos enganen, que para as pensións hai cartos, senón que lles pregunten aos futbolistas da selección española para os que sí hai mais de de 30 millóns de euros por ganaren o mundial, ou sexa, saen a mais de 800.000€ por barba por darlle patadas a un balón durante 20 días. Hai cartos, o que non hai é vergonza.