Site icon Crónica3.com A Mariña

Coidados para o bo manexo das ostomías

Foz, a 11 de xuño de 2018. Adaptarse a vida con unha estoma nos días posteriores a cirurxía pode ser un reto. E moi importante recordar que se necesita tempo para adaptarse a unha bolsa pegada ao abdome, pero será mais fácil con apoio da enfermeira estomaterapeuta e uns coñecementos básicos sobre como cambiar a bolsa de ostomía e os coidados para a pel periestomal. Con todo elo, enseguida se e capaz de facer as cousas que sempre se viñan facendo na vida cotiá e a vez conseguir mellorar a calidade de vida.
Con esta premisa a Asociación Española Contra o Cancro quere axudar e informar as persoas ostomizadas e os seus familiares, por elo, organiza unha charla-taller no local da AECC en Foz, situado no Centro Social na Avda da Ribeira nº 1 – 2ª Planta o martes día 26 de Xuño as 18:00 horas, contando coa colaboración de Dª Aurora Vizoso García, Estomaterapeuta e Supervisora de Enfermería de Ciruxía do Hospital da Costa en Burela.
Debido o límite de prazas e importante que todos os interesados en participar se anoten con antelación chamando os teléfonos da Asociación Española Contra o Cancro nº 639 262 312 / 982 25 08 09 ou nos teléfonos da Delegación Local de Foz da AECC nº 649 276 196 / 982 14 00 25.

Exit mobile version