Vense de clausurar o pasado martes, 12 de xuño, o III Curso de Cesteiría organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro. Este curso, no que se anotaron 10 alumnos, desenrolouse nas antigas escolas de Adelán durante varios meses e foi impartido polo cesteiro Moncho Vázquez González, de San Acisclo, afincado en Asturias. O último día os alumnos, acompañados do seu profesor e do Presidente do SEVA, recibiron cadanseu diploma acreditativo da actividade e despedíronse tomando uns pinchos no restaurante de Casa Franco, en Adelán, con ánimos de continuar aprendendo a cestería en posteriores cursiños.
Clausura do III Curso de cesteiría do SEVA
Clausura do III Curso de cesteiría do SEVA
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo