En setembro teñen previsto realizar a primeira parte deste intercambio que os levará a coñecer Stuttgart, Heidelberg, Munich, Tübingen,… e tamén Estrasburgo, onde visitarán o Parlamento Europeo, ademais de convivir durante 10 días con escolares alemáns. Actividades que o alumnado reflectirá nun blog no que desenvolverán as súas reflexións e no que deixarán constancia das súas aprendizaxes e vivencias. Asimesmo convertiránse tamén en anfitrións e guías dos seus compañeiros e compañeiras de intercambio cando o alumnado alemán visite as nosas terras en abril de 2019. Experiencias académicas e existenciais que de seguro marcarán positivamente o seu día a día escolar no vindeiro curso.
Queremos expresar o noso público agradecemento á profesora Blanca Sánchez Sampedro a súa colaboración desinteresada que permitiu un achegamento do alumnado á realidade alemana a través da lingua, e que terá continuidade cunha segunda charla durante o mes de setembro, nos días previos ao intercambio. Seguiremos informando sobre os pormenores de esta iniciativa conxunta!