Site icon Crónica3.com A Mariña

Campos Conde participa na xornada de convivencia astur-galaica que organiza o Foro de Comunicación de Vegadeo

Vegadeo 12-6-18. O Alcalde da Pontenova e Presidente da Deputación, Darío Campos Conde participou este martes na plantación simbólica de árbores que realizaron os alumnos do I.E.S. Enrique Muruais da localidade. Unha actividade enmarcada dentro do Foro de Comunicación de Vegadeo, que organizou unha xornada de convivencia asturgalaica na que participan centros educativos, así como representantes de 14 municipios que integran a Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras do Burón.

Trala plantación, realizada no Pozo Mouro, os participantes realizaron unha camiñata por un treito da ruta do antigo tren mineiro Vilaodriz-Ribadeo. No municipio de San Tirso de Abres, os alumnos asturianos realizaron outra simbólica plantación. A xornada remata cun acto conxunto de todos os asistentes na Casa da Cultura de Vegadeo.

Exit mobile version