Nas dúas primeiras xornadas, tivo lugar unha bolsa de contratación onde se realizaron máis de 30 entrevistas con diferentes turoperadores e empresas turísticas nas que se mostraron os recursos e potencialidades da zona, iniciando novas vías de contacto coas empresas do sector para atraer un maior número de visitantes.
No stand mostráronse os recursos turísticos, rutas e festas dos dous concellos; realizáronse degustacións de diferentes produtos típicos da zona gracias a colaboración da Panadería La Concepción, Panadería Lorenzo, Pastelería Méndez, Mel O Trobo e Carnicería Hermilino.
Ademais, entre os visitantes ao stand sorteáronse cinco estancias de fin de semana en Alfoz e O Valadouro por cortesía do Hotel Vila do Val, Casa Franco, Finca Galea, Casa Canaledo e Casa do Forno; e unha ruta guiada para cada un dos premiados da man de O Freixo dos Lobos.