“A proposta ilegal do Partido Popular e a súa defensa acérrima é preocupante, pois estamos a falar dun partido que intenta goberna facendo as normas que lle conveña para elo e ao marxe da legalidade”, remarcou Santos.
Sentenza executiva
A sentenza é executiva, con independencia do recurso extraordinario de casación que se pode presentar no prazo de 20 días. Isto significa que deixan de ter validez as modificacións nos Estatutos que propuxo o PP e que se sacou adiante na Xunta Xeral de SUPLUSA do 30 de setembro de 2016. Fíxoo co apoio do Deputado non adscrito, pois contou cos votos en contra de todos os Deputados do PSOE e BNG. Volven a estar vixentes, polo tanto, os anteriores Estatutos de SUPLUSA.
Foi este acordo de modificación estatutaria de SUPLUSA o que levou a xustiza o Goberno Provincial, mantendo a súa ilegalidade. Foi a voceira e Presidenta do PP en Lugo, Elena Candia, a encargada de persoarse e defender nos tribunais a legalidade da súa proposta. A Audiencia Provincial de Lugo dá a razón ao Executivo da Deputación e tumba a proposta ilegal do Partido Popular de Candia.
Modificacións nos Estatutos que declara nulas a xustiza
As modificacións que propuxo o PP nos Estatutos e anula a xustiza por ilegais son:
– Que o Presidente de SUPLUSA non sexa o Presidente da Deputación senón o que nomee a maioría simple do Consello de Administración de SUPLUSA.
– Que o Consello de Administración de SUPLUSA non o integren 7 Deputados Provinciais que representen a todos os grupos políticos que integren o Pleno da Deputación, senón 9 Deputados con independencia da proporcionalidade existen na Corporación Provincial.
– Que o Xerente de SUPLUSA non sexa nomeado e cesado polo Presidente de SUPLUSA e tamén da Deputación, senón pola maioría do Consello de Administración de SUPLUSA.
– Que o obxecto social de SUPLUSA tamén sexa ser entidade prestadora de servizos sociais cando a Xunta de Galicia dixo no 2011 que non podía ser así e que este debía ser directamente a Deputación de Lugo.