Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta mellorará os equipamentos dos portos de Burela e da lonxa de Ribadeo con novos investimentos por valor de case 64.000 euros

Lugo, 27 de xuño de 2018.- A Consellería do Mar mellorará a capacidade e competitividade do porto de Ribadeo e da lonxa de Burela financiando a adquisición de novos equipamentos por valor de preto de 64.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que estes apoios están cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e inclúen a mellora dos equipamentos precisos para dotar ou mellorar as instalacións que prestan servizos aos profesionais da pesca e do marisqueo.

No caso concreto da lonxa de Ribadeo, as achegas da Xunta permitirán adquirir unha carretilla elevadora cen por cen eléctrica, moi útil no proceso de descarga. Este novo equipamento facilitará o traslado das caixas nas que se transportan as distintas capturas entre as embarcacións atracadas no porto e o interior da lonxa, onde teñen lugar as poxas.

Polo que respecta ao porto de Burela, o apoio da administración autonómica permitirá a adquisición de dúas carretillas elevadoras con este mesmo obxecto. Ademais tamén contarán cunha nova transpaleta (que permite o movemento manual de cargas)

Balserio concluíu lembrando que grazas á incorporación destes equipamentos, solicitados polas propias confrarías de pescadores, os portos e lonxas ven melloradas, con criterios de ergonomía e seguridade, a realización das actividades precisas para as operacións de pesca e para a primeira venda dos produtos pesqueiros.

Exit mobile version