Na “Xornada Lois Tobío. Galeguista, tradutor e xornalista”, que terá lugar o 26 de maio de 2018 no Teatro Pastor Díaz, realizarase unha achega á traxectoria vital deste intelectual viveirense analizando as súas distintas facetas, como galeguista, tradutor e xornalista. Ademais das intervencións previstas nos tres bloques nos que se estrutura o programa (Tobío e o galeguismo, Tobío e a tradución e Tobio e o xornalismo), cómpre destacar que no acto de inauguración participarán Constanza Tobío Soler, filla de Lois Tobio; Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro, amigo persoal e estudoso de Lois Tobio; Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; e María Loureiro García, alcaldesa de Viveiro.