Site icon Crónica3.com A Mariña

Santa Rita no Concello de Viveiro

O día de Santa Rita, patroa da Administración Local, será celebrado como día patronal dos empregados públicos locais o vindeiro venres, 25 de maio, coincidindo coa data na que esta festividade se celebra a nivel provincial; por este motivo, o concello permanecerá pechado. As persoas interesadas en rexistrar documentos para a Xunta de Galicia e organismos dependentes poderán dirixirse á Delegación Territorial de Pesca, sita en Avda. Ramón Canosa (Celeiro).

Exit mobile version