Viveiro, 22 de maio de 2018. Con motivo da celebración da Feira Renacentista e tendo en conta o elevado número de solicitudes de préstamo de mesas e sillas recibidas nas pasados edicións, o Concello de Viveiro estableceu unha serie de medidas co fin de regular como se prevé realizar o préstamo de material e facilitar aos veciños interesados a instalación de puestos.
1. Establécese un prazo para a recepción das solicitudes, dende o 23 de maio ao 15 de xuño de 2018. Non se atenderá ningunha solicitude presentada con posterioridade.
2. Para determinar o número de mesas e sillas que se presta a cada solicitante, terase en conta o número total de solicitudes e a disponibilidade do material non garantindo que se poida satisfacer o 100% das necesidades de cada solicitante.
3. Os solicitantes deberán recoller e devolver o material concedido no lugar, data e hora que se lles será comunicado con antelación.
4. As persoas empadroadas no Concello de Viveiro que queiran instalar un posto de venda na feira deberán presentar unha solicitude no rexistro municipal antes do 15 de xuño de 2018 (incluído), facendo constar os produtos que se pretende ofrecer e acompañando a solicitude dunha declaración xurada conforme dispoñen de todos os permisos necesarios para a actividade (o modelo desta declaración será facilitado na casa do concello). A instalación destes postos será gratuíta.