Site icon Crónica3.com A Mariña

Os pasteleiros da Mariña lucense reuníronse a pasada fin de semana no restaurante asador A Quinta, de Foz, para celebrar o día da súa patroa

Alí tivo lugar unha cea baile, que ademais serviu para despedir a Jaime e Mari da pastelería Vale, de Viveiro, xa que se xubilan. Asistiron a esta cita as seguintes pastelerías: Vale, de Viveiro; Kiko, de Burela; Cabaleiros, de Lourenzá; Obradoiro, de Benquerencia; La Alianza de Mondoñedo; e Amarena, Anduriña e Xoyma, de Foz. Todos gozaron dunha agradable e doce velada.

Exit mobile version