Alí tivo lugar unha cea baile, que ademais serviu para despedir a Jaime e Mari da pastelería Vale, de Viveiro, xa que se xubilan. Asistiron a esta cita as seguintes pastelerías: Vale, de Viveiro; Kiko, de Burela; Cabaleiros, de Lourenzá; Obradoiro, de Benquerencia; La Alianza de Mondoñedo; e Amarena, Anduriña e Xoyma, de Foz. Todos gozaron dunha agradable e doce velada.