Mondoñedo 24-5-18. Xa é posible anotarse no Obradoiro de Instrumentos de vento madeira, que a Escola Municipal de Música do Concello de Mondoñedo ofrecerá de xeito gratuíto ao logo do mes de XUÑO. O prazo para anotarse remata o vindeiro xoves 31 de maio, día no que dará comezo este obradoiro, e que se prolongará ata o xoves 28 de xuño.
Este taller “está dirixido a rapaces e rapazas de ESO e BAC que queiran aprender e desfrutar desta actividade, na que os interesados terán a oportunidade de utilizar o fondo instrumental da Escola”.
Cada xoves, entre as 17 e 18 horas “os inscritos poderán aprender a familiarizarse con instrumentos como a frauta, o clarinete, o saxo, principalmente”. Ademais, tamén poderán desfruta da Aula de Jazz recentemente formada na Escola de Música.
Dende o Concello animamos a anotarse e desfrutar desta actividade, especialmente agora que a nosa Escola de Música conta coa posibilidade de aprender a tocar instrumentos de vento madeira, que son fundamentais, por exemplo, para todos os interesados en formar parte da Banda de Música “Pascual Veiga”, que reiniciou a súa actividade, logo de moitos anos esquecida, en setembro do ano pasado”.