Burela 19-5-18. O Pescadso Rubén Burela FS conseguiu os tres puntos do último derbi galego da liga, nun partido intenso e igualado (3-2). A pupilas de Julio Delgado e Lucas foron capaces de dar a volta ao marcador cun punto máis de intensidade na segunda parte fronte a un Ourense Envialia, que se plantou en Vista Alegre cunha boa defensa e sabendo aproveitar as ocasións.
No 12, Jenny protagonizou a mellor ata o momento nun rexeite de lonxe que cazou Vane. A meta visitante saíu vitoriosa nunha rápida chegada de Dany, no 14. Non atopou premio o Pescadso Rubén e aproveitaron as ourensás, con Antía, nunha recuperación sobre Bea Mateos. Con Jenny volveu aparecer o perigo sobre a rede visitante, a escasos segundos, nun disparo cruzado. Definitivamente, estaba máis acertado o Envialia; Sara Moreno ampliou a fenda no 17, a pase de Marta, sen conseguir frear o repregamento. Faltando pouco máis dun minuto da primeira parte, Tai puido acurtar o marcador, nunha pugna de distancias curtas, que acabou nas mans de Vane. Pero, Cilene non errou, nun disparo fulminante desde fóra da área, que sorprendeu á porteira ourensá, con 30 segundos para o descanso.
Julia Forsiuk e Cilene puxeron en apertos a defensa visitante nos primeiros compases do reinicio. O Pescados Rubén, con máis fame, mostrouse máis incisivo nos últimos metros e conseguiu mitigar as tentativas de saída do Envialia. Jozi, baixo paus, sacou con solvencia, de cabeza, dúas boas chegadas. No 27, Bea Martín protagonizou a mellor das ourensás, que se foi desviada. Precisamente, Bea Mateos gañou a partida, pouco despois, fronte á 4 visitante e a Vane, para anotar o 2-2 (minuto 28), enzarzadas sobre a liña de meta.
Superado o ecuador do segundo acto, Dany, asistida por Cilene, e Jenny, que non viu a Lara para o pase da morte, desperdiciaron dúas grandes oportunidades para o terceiro das laranxas. E por fin, Sara Correia adiantou por primeira vez ás burelistas (3-2, minuto 34), sorprendendo a Vane, ao segundo pau. As de Chipi apostaron con xogo de cinco na recta final cunha defensa infranqueable. No último suspiro, a tan só 5 segundos, Jozi sacou o posible empate de Luci, coa cara.
Ficha técnica
Pescados Ruben Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Jenny, Julia Forsiuk, cinco inicial; tamén xogaron Cami, Bea Mateos, Tai, Lara, Sara Correia, Jozi
Ourense Envialia: Vane, Chiky, Bea Seijas, Marta, Sara Moreno, cinco inicial; tamén xogaron Luci, Antía, Andrea Carid, Bea Martín, Candela
Goles: 0-1, minuto 14, Antía; 0-2, minuto 17, Sara Moreno; 1-2, minuto 20, Cilene; 2-2, minuto 28, Bea Mateos; 3-2, minuto 34, Sara Correia
Árbitros: Amor Vizoso // Salinas García (Galicia). Por Burela amarela a Jenny (minuto 36). Por Ourense amarela a Sara Moreno (minuto 36)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 de Primeira División disputado en Vista Alegre ante unhas 500 persoas.