Con estes fondos, poderíase actuar nunha superficie superior aos 5.500 km2 de territorio, para facer máis eficientes 3.195 instalacións de luz nos 38 Concellos que se adheriron a esta programación, todos eles de menos de 20.000 habitantes. A actuación consistiría na renovación de lámpadas e luminarias existentes por luminarias de tecnoloxía LED. O obxectivo é reducir o consumo en 450.217 quilovatios ao ano, de xeito que se aforrarían máis de 62.00 euros anuais ás arcas dos nosos municipio, acadando unha redución do 63% da facturación eléctrica dos Concellos.
Concorrencia a fondos da Unión Europea
O Goberno da Deputación concorre co ILUMIN@ a fondos europeos a través do IDAE (Instituto de Desenvolvementos de Aforro Enerxético), que vén de recibir fondos para este tipo de programacións. O obxectivo é acadar 800.000 euros comunitarios para poñer en marcha unha programación de 1 millón de euroS.
Concellos que participan
Os municipios adheridos ao programa ILUMIN@ son: Baralla, Meira, Friol, Quiroga, Burela, Negueira de Muñiz, Castro de Rei, A Pastoriza, Begonte, Riotorto, Carballedo, Sober, Lourenzá, Ourol, A Pobra do Brollón, Mondoñedo, Xermade, O Vicedo, Navia de Suarna, Láncara, Cervantes, O Saviñao, Ribeira de Piquín, Alfoz, O Páramo, Rábade, As Nogais, Guntín, Castroverde, Samos, Trabada, O Incio, Folgoso do Courel, Pantón, O Valadouro, Cospeito, Vilalba e Monforte.