A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “todas aquelas persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 60 anos que desexen viaxar por pracer poden facer a súa solicitude a través da traballadora social do Concello”. O programa ofrece zona de costa peninsular, zona de costa insular (Canarias e Baleares), ou turismo de interior. Os requisitos para participar son: ser maior de 65 anos e pensionista de xubilación ou viuvez (maiores de 55 anos) ou percibir outras pensións e ser maior de 60 anos. As persoas deberán valerse por si mesmas e non padecer trastornos que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso das quendas. A documentación terá que ser presentada no departamento de Servizos Sociais do Concello de luns a venres ata o día 14 de xuño.