Site icon Crónica3.com A Mariña

Gañadores do VII Concurso de tapas Centro Histórico de Viveiro

Viveiro 22-5-18. Este martes viñeron a recoller os seus premios os gañadores da VII edición do Concurso de Tapas Centro Histórico de Viveiro. Os locais hosteleiros recollian o diploma que os acreditaba como os gañadores das mellores tapas nas 3 categorías que se disputaban premio, que eran:

– Mellor tapa popular: escollida mediante as votacions dos clientes, que foi para Restaurante Casa Pepi, ca sua tapa “Rollo meloso de carrillera con tierra de chocolate y verdura” e que recollía Pepi Reyes.

– Mellor presentación: fallada polo xurado, que foi para O Rincón do Tronco, ca sua tapa “En la barca el chipirón come langostino” e que recollían Francisco Casanova e Dolores Da Silva.

– Mellor Tapa según o Xurado: fallada tamén polo xurado, que foi para Cornelius Taberna Gastronómica ca sua tapa ”Entrecot de cachena con salsa Ancares” e que recollía Marcos Cora.

Tamén recolleron os seus premios os gañadores dos 1000€ que se sorteaban entre tódolos clientes que fixeron a ruta de tapas ó completo ou aqueles que a fixeron polo mínimo da metade. Neste caso foi Genucha Garcia San Isidro a que levou 200€ por ter a cartilla da ruta de tapas selada en mínimo 5 locais e Pedro Gordo Fraile que recollía os 800€ ó ter a ruta de tapas selada ó completo.

Dende a Directiva do CCHV agradecemos un ano máis a tódolos locais a sua participación e a tódolos clientes que nos visitaron ó longo dos catro días de concurso.

Exit mobile version