Éxito da 4ª Ruta Cabalar Monte Castelo celebrada este sábado
redac
Foi organizada polo Concello coa colaboración da asociación Cabaleiros Pena de Burela, a quen Noelia Mª Ben, a edil de Medio Ambiente, lles agradece o traballo realizado. En total participaron arredor de 150 xinetes, algún deles procedente da provincia de Ourense. A concelleira burelesa tivo tamén palabras de agradecemento “para a Policía Local e para Tráfico, pola organización da circulación, xa que sen eles esta ruta non se podería ter realizado”. Para Noelia Mª Ben “este foi o ano de máis afluencia. Estamos moi contentos”.