Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo remataron as celebracións do Concello de Barreiros para conmemorar o Día das Letras Galegas

Foi con dúas actuacións musicais no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. O Dúo Rosas ofreceu un concerto de bandurria e guitarra. Esta formación está integrada por Julia María Dopico, profesora do Conservatorio Superior de Música da Coruña, e Daniel Adzemian, profesor de guitarra. Tamén actuou a Coral Polifónica de Barreiros, dirixida por Beatriz Vázquez Mesa, interpretando cancións populares galegas.
Esta cita foi organizada polo Concello a través da súa Concellería de Cultura coa colaboración da Coral Polifónica de Barreiros.

Exit mobile version