Ribadeo 1 de maio de 2018. Este sábado novamente vamos a concentrarnos en defensa das pensións públicas porque consideramos que o último acordo acadado entre PNV e o P.P. supón un engano a opinión pública en xeral e aos xubilados en particular, dado que só representa o intento de enganarnos cun acordo que non enche as nosas expectativas e que hai que entendelo dentro dos procesos electorais que se presentan a un ano vista e no apuro por aprobar os presustos xerais do Estado.
En ningún momento garantizan a sobida equivalente ao IPC máis alá de dous anos nen garantizan unhas pensións dignas para as pensións mínimas. Tampouco retiran o proxecto de ligar as pensións ao chamado factor de sostenibilidade.
Consideramos que as pensións teñen que estar garantizadas polos Presupostos Xerais do Estado mediante un reparto equitativo por vía impostiva da riqueza que xenera a masa productiva do país.
Por todo esto facemos un chamamento a poboación en xeral a mobilizarnos todos os sábados primeiros de mes, diante do concello, como expresión de rexeitamento deste pacto enganoso e como expresión do dereito a reivindicar unhas pensións dignas, dentro dun novo acordo político de todas as forzas representativas que garantan o futuro das pensións nosas, dos nosos e nosas fillas e netos.