Brais participou nesta xornada en tres probas de lanzamentos, acadando duas mellas, bronce e prata e un cuarto posto.
Pouco antes das 11 h era o turno do lanzamento de martelo, onde Brais acadaría a 4ª posición cun mellor lanzamento de 20,19 m.
Perto das 14 h e con media hora de retraso, comenzaba a proba de lanzamento de peso, onde grazas a un gran último lanzamento acadaría a terceira praza que lle daría o premio da medalla de bronce. Brais obtivo unha mellor marca de 7,99 m.
Sen moito tempo para o descanso debido ó retraso acumulado na xornada da mañá, ás 16.30 h daba comezo o lanzamento de xavalina. Un concurso onde Brais pelexou igual que no peso ata os últimos lanzamentos para poder acceder ó podium. Nesta ocasión lanzaría a xavalina á distancia de 24,97 m. o que o levaría a acada-la 2ª praza e con eso a medalla de prata.
Excelente xornada para Brais, que máis alá das medallas, conseguiu mellorar sustancialmente os seus mellores rexistros nas tres disciplinas nas que participou.
Unha recompensa para o traballo feito durante todo este duro inverno e no que levamos de primavera.