Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado de 1º de primaria do CEIP Virxe do Carme participou hoxe nunha actividade organizada polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia titulada As miñas plantas aromáticas

Segundo explicaron as monitoras “os nenos aprenderon a recoñecer e distinguir as plantas aromáticas máis comúns (ourego, macela, loureiro, tomiño, lavanda, menta, etc) e descubriron os seus usos e propiedades (curativas, aromáticas ou culinarias)”. E engadiron que “os participantes realizaron saquiños perfumados para levar para as súas casas utilizando os filtros das cafeteras e posteriormente plantaron semillas de macela e pirixel que terán que coidar nas súas aulas”.

Exit mobile version