Viveiro 24-5-18. O vindeiro 6 de xuño, ás 12:30 horas, no Teatro Pastor, terá lugar a actuación do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, cun espéctaculo no que se realiza unha versión, conxunta, de Alicia en el País de las Marabillas e Mary Poppins. Esta actuación está dirixida ao público infantil e contará coa asistencia dos alumnos de 1º e 2º de primaria dos centros educativos do municipio.
Trátase dunha actividade organizada dende a Consellería de Cultura, Muller e Xuventude coa que se dá continuidade á programación que todos os anos se vén realizando para ofertar unha actuación dirixida, en exclusiva, aos nenos e nenas dos colexios de Viveiro.
Nesta ocasión decidiuse ofrecer este espectáculo, no que se mestura danza e teatro, para que os máis pequenos poidan descubrir que existen distintas formas de comunicación artística; ademais de admirar e desfrutar do traballo realizado por outros nenos, pois os actores son os nenos e nenas do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.