Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividade do IES Perdouro de Burela

Burela 3-5-18. O alumnado de segundo curso de ESO dos Institutos Terra de Xallas de Santa Comba e Perdouro de Burela participan este venres, día 4 de maio, nun intercambio lingüístico e cultural, unha actividade organizada polas respectivas Vicedireccións e polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega.

Despois da chegada ao IES Perdouro, a expedición de Santa Comba visitará ás 12:15 o complexo industrial de Sargadelos. Inmediatamente despois terán un acto de acollida no instituto. Ás 14:30 os dous grupos, que reunirán unhas 120 persoas, celebrarán unha comida conxunta. Durante a tarde, visitarán a localidade e participarán en diversas actividades lúdicas. Como final de xornada, teñen previsto visitar as instalacións portuarias de Burela, coa colaboración de ABSA.

Este encontro de Burela é a devolución da visita á Terra de Xallas, realizada pola expedición de Burela durante a xornada do pasado día 13 de abril.

Exit mobile version