Segundo explica Xan Carballal “esta agrupación naceu fai anos co fin de impulsar a educación musical clásica e está formada por alumnos e profesores da Escola”.
O director da Escola de Música de Burela sinala que “nesta ocasión o programa que se vai presentar son obras de diferentes estilos onde cabe destacar a intervención da alumna Amanda López López, quen con so 13 anos tocará unha obra escrita por Camile Saint Saens para violonchelo. Nesta obra tamén destaca o papel do alumno de viola Alexi López Martinez, que realizou a coreografía representada por el mesmo”.
O programa é o seguinte
O cisne__________________Saint-Saëns(1835-1921)
(Obra: O entroido dos animais, 1886)
Solista de violonchelo: Amanda López López
Coreografía: Alexi López Martínez
Serenata Lírica (1899)__________E. Elgar(1857- 1934)
Oboe de Gabriel________________ E. Morricone (1928)
( Pelicula La Misión,1986)
Corto paseo nunha máquina rápida_______J. Adams (1947)