O alcalde, Alfonso Villares, foi o encargado de inaugurar a exposición, acompañado polos edís de Cultura, Muller e Deportes; ademais de pola propia artista.
A mostra poderá visitarse de luns a venres, ata o 31 de maio. Na inauguración a artista sorteou unha das súas obras entre as persoas asistentes, e resultou agraciada a veciña de San Ciprián, Mª Ángela Pita.
Nesta exposición a autora presenta unha trintena de obras de mediano e gran formato, realizadas sobre óleo e técnica mixta. Os materiais sobre os que se plasman poder ser lenzo, taboleiro náutico ou papel texturado lenzo. O fío condutor da mostra, que trata de expresar as distintas materias sobre as que podemos movernos dentro do mundo artístico, é a inquietude que como artista a leva a estar en continuo movemento de creación.
Novais, que expuxo por toda Galicia, e en grandes cidades como París, Estocolmo, Os Ánxeles, Barcelona ou Madrid, crea unha obra controvertida, vital e enérxica, que partindo dunha realidade constrúe unha nova visión, sempre explicada a través de suxestións emocionais e un xogo cromático cunha gran luminosidade