A Mariña, 23 de maio de 2018. A Federación de Comercio de A Mariña presentará este xoves día 24, á súa nova xunta directiva e o plan de traballo para os vindeiros anos. O acto desenvolverase no Cenima a partir das 12:30 horas. O novo presidente da FCAM será o focense José Carlos Paleo.
Mañá haberá recepción e benvida por parte do anfitrión. A continuación o novo presidente entregaralle o honor ao seu antecesor, Ánxel Iglesias, e terá lugar a súa despedida. Será tempo despois para os discursos que pronunciarán o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; o alcalde de Foz, Javier Castiñeira; e o novo presidente da FCAM, José Carlos Paleo.
A xornada concluirá cun aperitivo.
Asistirán tamén a esta convocatoria responsables das Acias que forman parte de A Mariña Federación, representantes de ABanca e o Banco Sabadell, ex directivos da FCAM, alcaldes da comarca e concelleiros de Turismo e Comercio, a xefa de Turismo na provincia de Lugo, Paloma Vázquez, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, e representantes da vida social e empresarial da Mariña.