Site icon Crónica3.com A Mariña

A empresa Ortegal Oil colabora coa peregrinación Santiago-Fisterra/Muxía, que organiza o Concello de Barreiros

Barreiros, 21 de maio de 2018. A empresa Ortegal Oil, que conta cunha gasolineira situada no polígono industrial barreirense, colabora coa peregrinación Santiago-Fisterra/Muxía, que se está a realizar dende o pasado 5 de maio en sábados alternos, organizada polas Consellerías de Turismo e Medio Ambiente de Barreiros.
O director xeneral de Ortegal Oil, Antonio López Rubal, fíxolle entrega ao concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, e ao alcalde, Alfonso Fuente Parga, dunhas gorras e queixos para todos os participantes.
Antonio López animounos a seguir con estas iniciativas e quixo mandarlles ánimos a eses camiñantes que este pasado sábado se enfrontaron á segunda etapa que transcorreu entre Ponte Maceira e Vilaserio, cun total de 19 quilómetros.

Exit mobile version