Site icon Crónica3.com A Mariña

A comarca da Mariña acolle con entusiasmo a proposta de recoñecemento institucional para Antonina Semedo

Burela 22-5-18. O luns día 21 de maio abriuse ao público a campaña de apoio cidadán para conseguir o recoñecemento da Xunta de Galicia para o labor social desenvolvido por Antonina Semedo ao longo dos 40 anos que leva na nosa terra (1978-2018). As clásicas follas de adhesión en papel complementáronse cunha coñecida páxina de internet especializada en campañas de participación social (change.org).

Ademais dos numerosos apoios de particulares, que deixan mostras de adhesión nas diferentes redes sociais, polo momento a petición da Medalla Castelao para a integrante de Batuko Tabanka conta co respaldo de varias asociacións. As primeiras en facer súa a iniciativa foron as mulleres do Observatorio da Mariña pola Igualdade, unha entidade coa que Antonina Semedo colabora frecuentemente. Do mesmo xeito, polo momento, subscribiron o documento de solicitude a asociación musical Dambara, o centro social Xebra, a asociación Vagalume e a da Semana Santa.

Exit mobile version