Os gañadores desta edición foron Ramón Reimunde, de Adelán Alfoz (1º premio categoría adulto) co relato “Historias do carbón no antigo Trasbar” e Trinidad Arnau, de Trasbar (premio accésit categoría adulto) co relato “A Retranca”. Os gañadores recolleron o seu premio este domingo no local social de Trasbar. O premio consistiu nun vale de compra valorado en 100 € en zapatería “Calzados Tomás”, de Burela. A maiores, toda a xente que participou recibirá o seu diploma.
Dende a Asociación de veciños do burgo de Trasbar queremos agradecer a participación. Agardamos poder contar coa mesma aceptación en vindeiras edicións deste certame, así como nas actividades que organizamos ao longo do ano.