Trasbar, 21 de maio de 2017.- A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organizou o V Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Retranca”.
Os gañadores desta edición foron Ramón Reimunde, de Adelán Alfoz (1º premio categoría adulto) co relato “Historias do carbón no antigo Trasbar” e Trinidad Arnau, de Trasbar (premio accésit categoría adulto) co relato “A Retranca”. Os gañadores recolleron o seu premio este domingo no local social de Trasbar. O premio consistiu nun vale de compra valorado en 100 € en zapatería “Calzados Tomás”, de Burela. A maiores, toda a xente que participou recibirá o seu diploma.
Dende a Asociación de veciños do burgo de Trasbar queremos agradecer a participación. Agardamos poder contar coa mesma aceptación en vindeiras edicións deste certame, así como nas actividades que organizamos ao longo do ano.