Site icon Crónica3.com A Mariña

Xiao Berlai e Ernesto González presentan en Foz o proxecto artístico e musical “Desconhecido”

O xoves 26 de abril ás 20:30 o salón de actos CENIMA de Foz acolle a última das conferencias das Xornadas “Sentirmos a Arte”, organizadas a asociación cultural “A Pomba do Arco” no marco do Mes das Artes Plásticas da Mariña, na que participarán o músico Xiao Berlai e o artista plástico mariñán Ernesto González .
Nesta ocasión os creadores convidado serán o debuxante Ernesto González Torterolo e o musico e poeta Xiao Berlai que presentaran o seu proxecto “Desconhecido”, unha montaxe que combina a musica, poesía e banda deseñada e que xa foi dado a coñecer en diferentes escenarios de Galiza. O autor das composicións musicais desta obra é o recoñcido musico Xiao Berlai e o autor da parte gráfica é o mindoniense Ernesto González Torterolo, cuxa obra é coñecida polo público d´A Mariña. A xornada, que servira de feche, permite visualizar a un tempo a relación entre a arte e outras disciplinas creadoras así como para dar a coñecer este traballo cun soporte en CD e papel que tantos recoñecementos recibiu en Galiza.
A montaxe de Berlai, titulado “Desconhecido. Un proxecto de Berlai: musica, poesía e banda deseñada” e unha colaxe de cancións, deseños, poemas e secuencias, onde canda unha funciona libre dentro da unidade. O acto mestura a música sincera de Berlai e tamén a narrativa ilustrada ao vivo e proxectada de Ernesto, nunha explosión de realismo cru e obsceno co o lirismo máis refinado, unindo no mesmo acto o romanticismo, a historia de amor, o sexo,a loucura e o desespero. Segundo os criadores estamos diante dunha travesía por unha historia real e emotiva, nas súas propias palabras “a história de um homem desconhecido, de um homem solitário, que preferiu viver a sua vida como se fosse um sonho.

Exit mobile version