Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 500 escolares participan esta xoves na I Xornada de Educación Física na rúa, en San Cibrao

Cervo, 25 de abril de 2018.- Máis de 500 escolares procedentes de diferentes centros educativos da Mariña participan esta mañá na I Xornada de Educación Física na Rúa, que está a ter lugar en San Cibrao.
A actividade está organizada polo Seminario de Educación Físca da Mariña, coa colaboración do Concello de Cervo.
O rexedor, Alfonso Villares, quixo agradecer o labor do coordinador do seminario e profesor de Educación Física do Ceip Cervo nº1, Luis Escolar, así como dos seus compañeiros mestres e tamén dos voluntarios que fixeron posible esta magnífica xornada de convivencia entre o alumnado de diferentes centros da Mariña que desfrutaron da actividade deportiva ao aire libre nunha contorna, como é esa zona da Praza dos Campos de San Cibrao, e tamén o Parque Reina Sofía e a propia praia do Torno, que é a idónea para levar a cabo unha actividade coma esta, na que van da man a educación e o deporte”.
Villares apuntou que “a carpa que temos instalada na Praza foi moi útil neses primeiros intres para dar acollida a todos os rapaces, porque a primeira hora a chuvia fixo acto de presencia”.
A aposta polo Deporte, en todas as súas facetas, -engadiu- é unha máxima deste equipo de Goberno, e, como non podía ser doutro xeito, nesta ocasión tamén colaboramos cos organizadores en todo o que está na nosa man para facilitarles, na medida do posible, a súa labor e, entre todos, conseguir que a xornada fose todo un éxito; marcándonos como obxectivo fomentar entre os rapaces hábitos de vida saudables e alentalos para que o Deporte sexa unha parte primordial no seu día a día”.

Exit mobile version