O delegado aplaudiu esta iniciativa, que xurde dos docentes implicados no Seminario de Educación Física da Mariña, por “crear espazos de convivencia en torno ao deporte”. Os alumnos participantes proceden do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Número 1 de San Cibrao (Cervo), do CEIP de Cervo, CEIP Luis Tobío de Viveiro, os colexios de Galdo e de Celeiro (Viveiro), o Virxe do Carme de Burela e o Gregorio Sanz de Ribadeo. Tamén participan alumnos do CEIP Aquilino Iglesias de Abadín.